CURTOCIRCUÍTO 2026 · TERRA · TONO MEJUTO

DATOS BÁSICOS

TERRA 

Dentro de Terra —a sección non competitiva de Curtocircuíto dedicada a cineastas e artistas visuais de Galicia cunha obra xa consistente e persoal—, o festival propón unha charla-percorrido con Tono Mejuto. O núcleo da actividade ten como obxectivo explorar o seu perfil marcadamente híbrido e a súa investigación sobre os modos de habitar o territorio.


Reliefs
(Relieves)
2018
TONO MEJUTO

Reliefs é unha película estereoscópica en tres capítulos arredor da cidade de Toronto. Filmada en 16 mm a modo de sinfonía da cidade e no marco da Residencia Artística Internacional de Creación Cinematográfica BAICC, propón un percorrido en tres niveis por esta cidade ao longo de varios días de inverno. Afastada da imaxe en 3D á que estamos afeitos, Reliefs achéganos a aquela experiencia iniciática do visor estereoscópico e ás súas postais da cidade. 


Santa Clara. Nacemento en tres fases
(Santa Clara. Nacemento en tres fases)
2024
TONO MEJUTO, ARTURO FRANCO

Esta é unha historia sobre a vida dun mosteiro. O paso do tempo e as intervencións sufridas no lugar deixaron unha fonda pegada no edificio e na súa contorna. As chagas do pasado convidan a reflexionar sobre as feridas do tempo.

 


Unidad vecinal
(Unidade veciñal)
2019
TONO MEJUTO

Unidad Vecinal narra a vida nun edificio de vivenda social da Coruña a través dun percorrido vertical pola súa sección. Filmada en 16 mm, a película percorre consecutivamente os espazos e salóns dun grupo de vivendas deste bloque do Barrio das Flores, proxectado polo arquitecto J. A. Corrales nos anos sesenta e que máis tarde recibiría o Premio Nacional de Arquitectura.


Quiasma
(Quiasma)
2017
TONO MEJUTO

Quiasma é unha peza de cine-danza que recolle o proceso de investigación e creación coreográfica de Javier Martín para a súa obra A exforma. Filmada no Teatro Colón da Coruña en celuloide branco e negro de 16 mm, Quiasma indaga nos cruzamentos entre as artes vivas e as artes visuais nun ámbito de investigación colectiva arredor das artes do movemento.

Duración: 
90 MIN
Acceso: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • NUMAX
Info práctica: 
Xoves, 2 Xullo, 2026
19:00
NUMAX