CURTOCIRCUÍTO 2026 · PSICOXEOGRAFÍAS: UN ARBRE ES UN ARBRE

DATOS BÁSICOS

Psicoxeografías: Un arbre és un arbre

Psicoxeografías é unha programación composta por catro filmes que exploran a realidade e a existencia humana desde formulacións moi diferentes, pero comprendidas todas elas dentro da ampla etiqueta da etnografía experimental. Catro propostas que, na súa exploración da linguaxe audiovisual, entroncan coa nosa programación live AV e que se aproximan á paisaxe como espazo físico, simbólico e emocional, conectando coas investigacións sobre a imaxe, o tempo e o territorio.

2025
ALEIX PLADLEMUNT, CARLOS MARQUES-MARCET
01:27:00
FIC

SINOPSE
Old Tjikko: unha árbore de 9.550 anos que se ergue soa na tundra sueca. Surtsey: unha illa nacida hai apenas 63 anos na costa de Islandia. Lotus gomerythus: o único e último exemplar coñecido dunha especie vexetal descuberta nas Illas Canarias. A través dun proceso de creación de máis de dez anos, o fotógrafo Aleix Plademunt e o cineasta Carlos Marques-Marcet propoñen unha meditación sobre como construímos o noso mundo a través da mirada e a complexa relación entre as imaxes e a linguaxe falada.

Duración: 
87 MIN
Acceso: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Teatro Principal. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 542 349
Info práctica: 
Mércores, 1 Xullo, 2026
21:00
Teatro Principal
MULTIMEDIA

UN ÁRBOL ES UN ÁRBOL (Un arbre és una arbre)_Trailer