Esta competición aglutina as producións galegas que Curtocircuíto considera máis arriscadas e interesantes, ao tempo que intenta conformar un conxunto que represente a heteroxeneidade da escena galega.
La voz de todas las cosas
( A voz de todas as cousas )
2025
DANI PÉREZ
0:20:00
DOC
Poderiamos escoitar a canción do noso primeiro amor sen lembrar o lugar onde a escoitamos? Catro músicos de jazz tocan nun club da cidade. Comunícanse entre miradas e silencios. Apenas queda xente polas rúas, circulan os últimos autobuses da noite, pechan os comercios, resoan os camións do lixo, as ondas do mar baten con forza contra as rochas e a luz do faro aparece e desaparece entre a auga. Como se se tratase da fin do mundo. Á mañá seguinte, todos eses sons volverán brillar á plena luz do día.
Historia de una bicicleta (sin aire en las ruedas y llena de polvo)
(Historia dunha bicicleta [sen aire nas rodas e chea de po])
2025
XOÁN FERNÁNDEZ DIZ
0:22:49
FIC
Unha moza decide limpar a súa vella bicicleta e saír dar un paseo xunto ao mar. Confía en que iso a axudará a sentirse mellor.
Rasgar en dos
(Riscar en dous)
2026
AREA ERINA
0:03:27
EXP
Riscar en dous nace dun estado interno íntimo e reflexivo. Xorde nun momento de inflexión vital marcado pola dúbida e a incerteza, nunha sorte de aceptación serena que acaba por converterse nun acto de rebeldía contra o propio proceso de creación, manifestado na materialidade mesma da película. Nese tránsito, un corpo feminino entra en diálogo cos diferentes lugares e paisaxes de San Sadurniño. O xesto corporal aparece como unha forma de exploración sensible; un movemento que acolle a contemplación, a nostalxia e a procura, nunha especie de danza co contorno. A danza, ou o xesto performativo, funciona como mediación entre interioridade e territorio, entre intimidade e espazo. Non se trata tanto dunha representación como dunha escoita: da paisaxe, do tempo interior e das preguntas que atravesan o corpo.
Ás apalpadelas
(Ás apalpadelas)
2025
CRISTINA SOUTO PITA
0:11:30
EXP
Entrelaza a narración histórica da construción do encoro da Capela co testemuño íntimo de Eladio, un traballador que perdeu a vista nun accidente durante as obras. A súa voz convértese no fío condutor da peza, guiando o espectador a través dunha montaxe que superpón distintas capas de reflexión a partir de material de arquivo.
La pena
(A pena)
2026
IRIA SILVOSA
0:13:00
EXP
Cámara en man, saio á procura da “Pena”, palabra galega que designa tanto unha rocha grande e prominente como un sentimento de dor ou angustia. Desde a mirada de quen intenta nomear o mundo por primeira vez, articúlase este caderno de notas audiovisual que explora algunhas das formacións rochosas máis singulares da paisaxe na que medrei, na comarca da Terra Chá (Galicia).
Broom Broom Follar
(Broom Broom Follar)
2026
SOHU
0:08:43
DOC
ESTREA EN GALICIA
BROOM BROOM FOLLAR é unha das lendas urbanas máis coñecidas de Vigo. Dous adolescentes morreron no seu ciclomotor facendo o que máis lles gustaba: foder mentres conducían pola estrada a toda velocidade. Agora os seus fantasmas vagan pola ría de Vigo, fodendo pola estrada ao son do ruxido do motor da súa moto.