CURTOCIRCUÍTO 2026 · PLANETA GZ 1

DATOS BÁSICOS

Esta competición aglutina as producións galegas que Curtocircuíto considera máis arriscadas e interesantes, ao tempo que intenta conformar un conxunto que represente a heteroxeneidade da escena galega.


El cuerpo de Cristo
(O corpo de Cristo)

2026
BEA LEMA
0:17:00
ANI
Adela, unha muller cun trastorno mental sen diagnosticar, busca alivio nos rituais populares. Incomprendida pola súa familia e por un sistema médico que ofrece a medicación como único remedio, vive convencida de que alguén —ou algo— a observa. Ás veces sente a súa presenza: tócaa, férea e déixaa prostrada na cama durante días. O único consolo que atopa está na relixión, o que a leva a visitar unha curandeira e a confesar a inquietante orixe do seu sufrimento.


As maos da pulpeira
(As maos da pulpeira)
2025
SILVIA CACHAFEIRO
0:14:11
FIC
Galicia, años 50. Tierra y tiempo de pobres donde mandan los hombres. Concha empieza el día junto a su amiga Ramona cuando aún es de noche. Sus maridos duermen. Ellas van al río a lavar el pulpo. Son pulpeiras. Es la hora de comer en la romería. Las pulpeiras venden y cortan pulpo a cien ventosas por segundo con sus afiladas tijeras. Concha tiene un problema y está sola, su marido anda por ahí. La ayuda de sus compañeras merma el daño. Concha necesita saber la causa. Esto no puede volver a pasar.


Escala un cincuenta mil
(Escala un cincuenta mil)

2026
ANGEL SUANZES
0:17:00
EXP
En xullo de 1974, España encamíñase cara a un cambio político imprevisible. Carmen tamén cambia: o seu estado civil. Dunha vida ligada á figura paterna pasa a unha vida vencellada ao seu marido.


La historia todavía no conoce mi nombre
(A historia aínda non coñece o meu nome)
2025
DIANA TOUCEDO
0:17:00
DOC
ESTREA EN GALICIA
Un nahual emerxe en forma animal para lanzar unha advertencia: a terra de Iucatán está a ser ferida e profanada. Mentres avanza o megaproxecto do Tren Maia, Falú enfróntase á súa identidade e ao seu sentido de pertenza, atrapado entre a preservación das súas raíces e as forzas que ameazan con borralas.


Cara de cona
(Cara de cona)
2026
GUILLERMO DE OLIVEIRA
0:17:00
FIC
Moncho vive e traballa desde hai anos nunha pequena aldea da Galicia rural. A súa paz interior vese alterada pola chegada de Pardavila, un veciño afable cara ao que sente un odio irracional. Decidido a facerlle a vida imposible, Moncho contempla atónito como todos os seus intentos de facelo infeliz fracasan. Ideará entón un plan retorto: cometer o crime perfecto, un delito polo que ninguén poida culpalo xamais e do que nin el mesmo teña que avergoñarse.

Duración: 
80 MIN
Acceso: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Teatro Principal. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 542 349

 

Info práctica: 
Mércores, 1 Xullo, 2026
18:30
Teatro Principal