CURTOCIRCUÍTO 2026 · MARTA VERDE E JOSÉ VENDITI · GAMMA (AV)

DATOS BÁSICOS

MARTA VERDE E JOSÉ VENDITI

GAMMA (AV)

Partimos dunha pregunta.

Non somos os primeiros en formulala, non seremos os últimos.

Que ocorre cando morremos?

Ese tránsito, ese cambio de estado, deixou de ser só unha intuición para entrar no laboratorio. Nos últimos anos a ciencia, ao tentar explicalo, non resolveu o misterio, senón que o volveu máis profundo e complexo. Hoxe sabemos que cando o corazón se detén e o osíxeno falta, o cerebro non se apaga en silencio. Pola contra, prodúcese un último estoupido de actividade: un pico de ondas Gamma (30-100 Hz) que suxire unha consciencia hiperreal xusto no limiar da morte.

GAMMA A/V é a tradución dese último pulso a unha performance de 50 minutos. Unha experiencia física onde o son, a luz e a imaxe se converten no mapa dese tránsito.



AVISO: Esta sesión emprega imaxes ou luces estroboscópicas que poden afectar a persoas fotosensibles

Duración: 
50 min
Acceso: 

Acceso libre


AVISOS:

  • Esta sesión emprega imaxes ou luces estroboscópicas que poden afectar a persoas fotosensibles
  • O espectáculo acontecerá na noite do mércores 1 ao xoves 2 de xullo
Info práctica: 
Xoves, 2 Xullo, 2026
00:00
Praza das Praterías