CURTOCIRCUÍTO 2026 · LOS SARA FONTAN E TAMARA DE LA FUENTE AV

DATOS BÁSICOS

LOS SARA FONTAN E TAMARA DE LA FUENTE
Consuelo no aparcadoiro: un concerto iluminado con coches Live AV

Aparcar no descampado, abrir o maleteiro e poñer a música a todo volume.

parkineo é un encontro alleo a leis, horarios, patrocinadores, escenarios ou pulseiras con QR, e quizais por iso é perseguido e ridiculizado.

Ao mesmo tempo, a música experimental adoita caricaturizarse como algo endogámico, críptico e incapaz de xerar comunidade.

Co desexo de cuestionar estas miradas, o dúo Los Sara Fontan e a artista Tamara de la Fuente propoñen, en primicia para Curtocircuíto, un diálogo entre ambos mundos.

Luces halóxenas para unha rave electroacústica. Embrague queimado con ritmos impares. Pintura metalizada e violín con distorsión.

AVISO: Esta sesión emprega imaxes ou luces estroboscópicas que poden afectar a persoas fotosensibles

Duración: 
50 min
Acceso: 

Acceso libre


AVISO! Este espectáculo está programado na noite do venres 3 ao sábado 4 de xullo


Esta sesión emprega imaxes ou luces estroboscópicas que poden afectar a persoas fotosensibles

Info práctica: 
Sábado, 4 Xullo, 2026
00:15
Auditorio de Galicia