Como arranque da 23ª edición, Curtocircuíto programa unha sesión inaugural que inclúe a proxección do último filme de Xacio Baño, Despois das cidades (2026), un fita que abre tamén o ciclo Psicoxeografías.
Psicoxeografías é unha programación composta por catro filmes que exploran a realidade e a existencia humana desde prantexamentos moi diferentes pero comprendidos todos eles dentro da ampla etiqueta da etnografia experimental. Catro propostas que na súa exploración da linguaxe audiovisual entroncan coa nosa programación live av, especialmente Krakatoa, que chega a Curto na súa versión expandida que incluirá performance lumínica, desbordando así a idea convencional de proxección. En definitiva, catro pezas que se aproximan á paisaxe como espazo físico, simbólico e emocional, conectando coas investigacións sobre a imaxe, o tempo e o territorio.
Despois das cidades
(Despois das cidades)
2026
Xacio Baño
86
DOC
É Nadal e un viaxeiro marchou só a coñecer Italia e España. Chega a Santiago de Compostela e a filla escríbelle: “Dixéronme que marcharas de viaxe. Onde estás?”