CURTOCIRCUÍTO 2026 · FOCO MARIE LOSIER 2

DATOS BÁSICOS

FOCO MARIE LOSIER 2 

Este foco celebra a prodixiosa capacidade de Marie Losier para pulular entre os talentos máis disruptivos do underground neoiorquino e europeo, transformando a admiración artística nunha íntima relación familiar. Lonxe da reportaxe haxiográfica, Losier accede ao sanctasanctórum de creadores seminais e referenciais para retratalos desde o cálido delirio da complicidade cotiá.


Bim Bam Boom Las Luchas Morenas
(Bim Bam Boom As Loitas Morenas)
2014
MARIE LOSIER
0:13:00
DOC

Tres mulleres, tres irmás, tres loitadoras profesionais, membros da Dinastía Moreno: Rossy, Esther e Cynthia son competidoras no cuadrilátero. Mais tamén dan vida á loita libre, loitando con coitelos, cabezas de porco, flores e plumas! Bim, Bam, Boom!


Felix in Wonderland
(Felix no País das Marabillas)
2019
MARIE LOSIER
0:47:00
DOC

Adéntrate no mundo da experimentación e da creación musical de Felix Kubin e no seu dominio do instrumento da súa predilección, o KORG MS20. Un retrato dun gran artista que nunca deixa de vivir coa música na cabeza. Coa forza creativa e a inesgotable inspiración de Felix, a película mergúllate no universo da Música pura: desde a música electrónica ata a radiofonía, o pop, a música concreta, a ópera e os experimentos co micrófono... Felix é o pequeno Nemo dun novo mundo sen sono feito de música e alegría pura!


Alan Vega, Just a Million Dreams
(Alan Vega, Só un millón de soños)
2014
MARIE LOSIER
0:16:00
DOC

Este retrato íntimo amosa a alma conmovedora e rebelde do innovador artista visual e pioneiro do rock electrónico minimalista Alan Vega, vocalista e compositor do dúo punk/post-punk Suicide durante as décadas de 1970 e 1980. Alan xoga coa cámara mentres ama, loita e vive xunto á súa familia: Liz Lamere, a súa esposa e colaboradora, e o seu fillo pródigo Dante, unha nova réplica de Alan. Con toques de alegría, excentricidade e inspiración, o rock and roll de Alan Vega segue máis vivo ca nunca, divertido e rebelde.

 

Duración: 
89 MIN
Acceso: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Teatro Principal. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 542 349
Info práctica: 
Domingo, 5 Xullo, 2026
17:30
Teatro Principal