CURTOCIRCUÍTO 2026 · FOCO GALA HERNÁNDEZ

DATOS BÁSICOS

Gala Hernández | Realidades e ficcións dun internet salvaxe

SESIÓN NON RECOMENDADA PARA MENORES DE 18 ANOS. IMAXES PUNTUAIS EXPLÍCITAS

Lawrence Lek e Gala Hernández López mergúllante en historias que imaxinan e cuestionan o impacto da tecnoloxía. A través da ficción especulativa, da simulación dixital ou do desktop documentary, ambos cineastas reflexionan sobre as transformacións tecnolóxicas, políticas e emocionais que definen o presente. Os dous creadores estarán connosco en Curtocircuíto acompañando o seu traballo.


La mécanique des fluides
(A mecánica dos fluídos)
2022
GALA HERNÁNDEZ
0:39:00
DOC

En 2018, un incel (é dicir, un célibe involuntario) publica unha carta de suicidio na plataforma Reddit co título «América é responsable da miña morte». La mécanique des fluides é un intento de atopar respostas ás súas palabras. Unha deriva virtual por internet na procura das súas pegadas dixitais que acaba converténdose nunha viaxe interior entre dúas soidades conectadas.


for here am i sitting in a tin can far above the world
(pois aquí estou sentado nunha lata moi por riba do mundo)
2024
GALA HERNÁNDEZ
0:19:06
EXP, DOC

Unha muller soña co criptógrafo estadounidense Hal Finney. Unha grave crise económica afecta o mercado das criptomoedas e decenas de miles de persoas están crioxenizadas á espera dun futuro mellor. Están suspendidas ou caendo ao baleiro? Que estraña relación mantemos co futuro?


+10k
(+10k)
2025
GALA HERNÁNDEZ
0:32:00
DOC

Pol ten 21 anos e vive coa súa avoa. Soña con vivir en Miami e gañar máis de 10.000 ao mes. Asiste a eventos de crecemento persoal, segue coaches en liña e inviste en criptomoedas. Pol non sabe que día nin a que hora alcanzará por fin os seus obxectivos e se converterá na mellor versión de si mesmo. O único que sabe é que algún día o conseguirá.

Duración: 
90 MIN
Acceso: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Teatro Principal. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 542 349

 

Info práctica: 
Sábado, 4 Xullo, 2026
17:00
Teatro Principal