Psicoxeografías: Fomos ficando sós
Psicoxeografías é unha programación composta por catro filmes que exploran a realidade e a existencia humana desde formulacións moi diferentes, pero comprendidas todas elas dentro da ampla etiqueta da etnografía experimental. Catro propostas que, na súa exploración da linguaxe audiovisual, entroncan coa nosa programación live AV, e que se aproximan á paisaxe como espazo físico, simbólico e emocional, conectando coas investigacións sobre a imaxe, o tempo e o territorio.
Fomos ficando sós
(Fomos ficando sós)
2025
ADRIÁN CANOURA
81 min
DOC, EXP
Adrián embárcase no Gran Sol no barco onde o seu pai navegou durante máis de trinta anos. Procura entender o silencio e a distancia que os marcou. No medio do mar, entre rutinas e ondada, atopa o momento para achegarse. E por fin, atrévese a dicir o que sempre calou: quérote.