CURTOCIRCUÍTO 2026 · ARVIN DOLA E IRENE GAUMÉ· O GHOST LIVE AV

DATOS BÁSICOS

ARVIN DOLA E IRENE GAUMÉ·

O GHOST LIVE AV

O Ghost é o título do primeiro longo de Arvin Dola, un traballo que se sitúa nun territorio liminal entre o ambient, o dronee o scoring cinematográfico, articulando un continuum sonoro onde a composición funciona como dispositivo de espacialización afectiva. Na súa tradución ao directo neste formato A/V creado xunto á artista visual Irene Gaumé, O Ghost desenvólvese como un ensamblaxe híbrido de sistemas: sintetizadores, voz e violonchelo entrelázanse cun entorno visual xerado ex profeso, construído a partir da fricción entre materiais analóxicos, técnicas de focus stacking e procesos de intelixencia artificial, dando lugar a unha imaxe en constante estado de inestabilidade e reconfiguración.

Neste tránsito continuo entre o analóxico e o dixital, a peza activa unha investigación sobre a fragmentación da identidade e a multiplicidade das súas proxeccións, propoñendo un desprazamento dos límites entre interioridade e superficie. O Ghost configúrase así como un entorno de activación emocional onde emerxen arquivos latentes e formas en deriva. Un corpo espectral, aberto e mutable como a propia paisaxe que vén dar forma ao conflito entre as nosas distintas versións e a súa imposibilidade de fixación.

Acceso: 

Entrada libre


AVISO! Este espectáculo desenvolverase na noite do xoves 2 ao venres 3 de xullo

Info práctica: 
Venres, 3 Xullo, 2026
00:15
Carballeira de Santa Susana