CURTOCIRCUÍTO 2026

DATOS BÁSICOS

CURTOCIRCUÍTO 2025

O Festival Internacional de Cinema Curtocircuíto, organizado polo Concello de Santiago de Compostela a través de Compostela Cultura, co apoio da Deputación da Coruña, a Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais e o ICAA, celebra a súa vixésimo terceira edición entre o 30 de xuño e o 5 de xullo consolidando o modelo iniciado o pasado ano, que reforza a presenza do festival no espazo público e amplía os espazos de encontro entre artistas, cineastas e público.

Curtocircuíto reafírmase así como un proxecto cultural que entende o cinema como unha ferramenta para interpretar o presente, fomentar o pensamento crítico e construír comunidade. Aproveitando os recursos que ofrece a cidade de Santiago e a singularidade do seu patrimonio urbano, o festival propón unha experiencia cultural que transcende as salas de exhibición e convida a habitar a cidade desde novas perspectivas, favorecendo o intercambio de coñecemento e experiencias entre a comunidade creadora e a cidadanía.

A programación manterá o seu carácter internacional, interdisciplinar e aberto ás novas linguaxes audiovisuais, co cinema como eixo principal. As seccións competitivas Cosmos, Planeta GZ e Supernova volverán reunir algunhas das propostas máis estimulantes da creación cinematográfica contemporánea, ao tempo que o festival ampliará os seus horizontes a través de focos, encontros, concertos audiovisuais, residencias artísticas e actividades formativas.

O festival combinará as súas sedes habituais —como o Teatro Principal, o Auditorio de Galicia, NUMAX ou a Sala Fantástica— coa ocupación de diferentes espazos da cidade. A Praza da Quintana, a Praza de Praterías, a carballeira de Santa Susana, o Xardín das Pedras que Falan ou os exteriores do Auditorio converteranse durante seis días en escenarios para o cinema, a música, a performance e a reflexión colectiva.

Durante esta edición, Santiago de Compostela acollerá unha programación plural e internacional con figuras destacadas como Marie Losier, Lawrence Lek, Gala Hernández López, Carlos Casas, Aleix Plademunt, Carlos Marqués-Marcet, Adrián Canoura, Xacio Baño, Tono Mejuto, Marta Echaves, Ricardo Cases ou Manuela Lorente, entre outras creadoras e creadores que representan algunhas das voces máis singulares do panorama audiovisual e artístico contemporáneo.

A cineasta francesa Marie Losier será distinguida co Premio Curtocircuíto Atlas, un recoñecemento a unha traxectoria marcada pola liberdade creativa e pola construción dunha das galerías de retratos máis singulares da cultura underground internacional. O festival dedicaralle un foco específico que permitirá achegarse á súa obra a través de proxeccións e encontros co público.

Entre os contidos máis destacados figuran tamén os focos dedicados a Lawrence Lek e Gala Hernández López. As súas propostas permitirán afondar en cuestións centrais do noso tempo como a intelixencia artificial, os algoritmos, as comunidades dixitais, os mundos virtuais e as novas formas de relación entre tecnoloxía, identidade e sociedade. Estes focos combinarán proxeccións, conversas e actividades abertas á participación do público.

Completan a programación o ciclo Psicoxeografías, que volverá conectar cinema, territorio e experimentación audiovisual a través de traballos de Carlos Casas, Xacio Baño, Aleix Plademunt, Carlos Marqués-Marcet e Adrián Canoura; a sección Terra, dedicada nesta ocasión ao arquitecto, fotógrafo e cineasta Tono Mejuto; así como as residencias fotográficas protagonizadas por Manuela Lorente e Ricardo Cases, que continúan ampliando os diálogos entre a imaxe en movemento e outras disciplinas artísticas.

Curtocircuíto volverá ser, así, un espazo de encontro entre creadoras e público, un laboratorio de ideas aberto á cidadanía e unha das principais citas culturais do verán galego, reafirmando o seu compromiso coa independencia curatorial, coa diversidade de linguaxes e coa capacidade do cinema para xerar conversacións sobre o mundo que habitamos.


Información sobre entradas: 

Teatro Principal (e NUMAX):
- Proxeccións de Cinema: 4 €
- Live AV: 7 €
- Sesións Especiais: gratuítas previa recollida de convites (Na web, na Zona C ou no Teatro Principal)

Nas prazas:
- Proxeccións de Cinema: entrada libre e gratuíta. 
- Live AV: entrada libre e gratuíta.
- Sesións Especiais: entrada libre e gratuíta.

Venda de entradas e retirada de convites
En liña: Recoméndase a adquisición en liña de todas as entradas do festival a través da plataforma compostelacultura.gal 

‍Zona C - Punto de Información Cultural (Praza de Cervantes): Entradas para todas as proxeccións e eventos do festival, sexa cal sexa o seu emprazamento. Horarios: de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h. Teléfono: 981 54 24 62

Teatro Principal: Entradas para todas as proxeccións e eventos do festival, sexa cal for o seu emprazamento. Horarios: durante a celebración do festival (do 1 ao 6 de xullo) desde unha hora antes do inicio da primeira sesión ata o inicio da última sesión de cada día. Teléfono: 981 542 349

Acceso: 

Prezos individuais por sesión

  • Teatro Principal, Numax, Auditorio e Sala Fantástica:
    - Proxeccións de Cinema: 4 €
    - Live AV: 7 €
    - Dj sets en Sala Fantástica: entrada libre e gratuíta.
    - Sesións Especiais: gratuítas previa recollida de entrada na billeteira.

  • Nas prazas:
    - Proxeccións de Cinema: entrada libre e gratuíta. 
    - Live AV: entrada libre e gratuíta.
    - Sesións Especiais: entrada libre e gratuíta.

Venda de entradas

  • En liña: Recoméndase a adquisición en liña de todas as entradas do festival a través da plataforma compostelacultura.gal 

  • Zona C - Punto de Información Cultural (Plaza de Cervantes): Entradas para todas as proxeccións e eventos do festival, sexa cal sexa o seu emprazamento. Horarios: de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h. Teléfono: 981 54 24 62

  • ‍Teatro Principal: Entradas para todas as proxeccións e eventos do festival, sexa cal for o seu emprazamento. Horarios: durante a celebración do festival (do 1 ao 6 de xullo) desde unha hora antes do inicio da primeira sesión ata o inicio da última sesión de cada día. Teléfono: 981 542 349

  • Numax: entradas só para a súa sesión (Terra). Horarios: á venta o día da sesión (2 xullo) no seu horario habitual. Teléfono: 981 56 02 50

Avisos importantes

  • No caso de mercar o abono en liña será preciso recollelo fisicamente na Zona C.

  • O troco do abono por entradas pódese facer tanto na Zona C como no Teatro Principal, nos horarios indicados anteriormente

  • O abono non garante o acceso a todos os eventos. O acceso ós mesmos farase por orde na recollida das entradas nos despachos de billetes. Por favor, ten en conta que é posible quedar sen entrada a pesar de presentares o abono, no caso de que as localidades se teñan esgotado previamente.

  • As Sesións Especiais están fóra dos abonos.

 

Información ABONOS CURTOCIRCUÍTO

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

 

Info práctica: 
Luns, 22 Xuño, 2026 a Domingo, 5 Xullo, 2026
Varios lugares