CURTOCIRCUÍTO 2025 · SUPERNOVA 1
Esta sección naceu para dar un espazo a eses primeiros traballos que non teñen fácil acceso a grandes circuítos de difusión profesional. O festival quere proporcionar a cineastas emerxentes a oportunidade de presentar, defender e acompañar os seus filmes fronte profesionais da produción, a programación e a realización con maior experiencia que poidan cuestionar as propostas e enriquecer os coloquios.
Áncora
2025
Cris Souto
0:03:33
EXP, DOC
O filme pon en vigor as relacións de coidado interxeracionais, enmarcadas nun espazo que actúa como depósito de memoria e afectos. A praia de Baleo conságrase como un lugar para a lembranza, pero tamén como unha posibilidade de establecer un vínculo alternativo coas cousas que suceden ao noso redor.
O corpiño
2025
Antía Rodeiro, Blanca Navarrete
0:19:47
DOC
O Santuario da Nosa Señora do Corpiño (Santa Baia de Losón, Lalín), coñecido popularmente como “santuario dos exorcismos”, é un dos máis visitados da Galicia interior. Pero que esconde máis alá desta denominación? Por que atrae cada ano a miles de visitantes? Fe. Tradición. Milagres. Ofrecementos. Curiosidade. Festa... Todo depende dos ollos que o miren.
Aquel ruido nocturno
2025
Mario Filloy
0:18:40
FIC
Un mozo pianista prepárase para unha audición que podería definir a súa carreira. Durante un ensaio, comeza a escoitar un ruído molesto na súa mente, unha manifestación de angustia que o fará reconsiderar se este é realmente o camiño que quere.
O costume do traballo
2025
Luis Morla
0:13:55
DOC
Cada 10 de marzo, a auga sobe revolta pola ría de Ferrol. Ese mesmo día, en 1972, a policía abriu fogo contra os sindicalistas ferroláns Amador Rey e Daniel Niebla, que faleceron a causa dos disparos. Nos días seguintes, a vida na cidade paralizouse, e as historias do ocorrido quedaron somerxidas no silencio.
Home que foxe
2025
Pablo Dopazo
0:23:56
FIC
Xosé e Manuel foxen da prisión un día de verán. Camiñan xuntos na procura da liberdade. Ao longo da viaxe conversan, reflexionan, discuten e profundan na súa amizade. Ao final, asediados pola incerteza e o medo, deciden separar os seus camiños.