CURTOCIRCUÍTO 2025 · SE: ENCONTRO FILLOS DO VENTO

DATOS BÁSICOS

CURTOCIRCUÍTO 2025 · SESIÓN ESPECIAL · FILLOS DO VENTO

Encontro con Brais Revaldería. Unha viaxe inmersiva ao corazón de Galicia

Fillos do vento é un proxecto híbrido e radical do cineasta galego Brais Revaldería que navega entre o cinema e a instalación, entre o visible e o inaudito, e que foi estreadado no pasado Festival de Cannes. Curtocircuíto acolle unha actividade especial na que o autor compartirá o proceso de creación sonora e sensorial da obra, afondando na súa investigación estética sobre a tradición da rapa e o poder dos rituais como forza invisible que modela territorios e memorias. A sesión estrutúrase como unha conversa estendida na que Revaldería analizará a dualidade da peza como instalación visual inmersiva e como filme narrativo en construción, revelando os vínculos conceptuais e técnicos que articulan ambas dimensións.

O encontro culminará coa proxección dunha versión inédita e exclusiva de Fillos do vento, montada especificamente para Curtocircuíto (25’), como adianto do que será a futura longametraxe. Esta peza intermedia, deseñada como experiencia audiovisual autónoma, ofrecerá ao público a oportunidade de mergullarse nunha paisaxe de son e imaxe en constante transformación, onde as bestas actúan como axente poético e político. Un exercicio de cinema en construción, onde o espectador é convidado a habitar o espazo entre o salvaxe e o cultural; unha viaxe ao corazón de Galicia.

Duración: 
60 MIN
Acceso: 

De balde previa recollida de convites en:

  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Teatro Principal. Entradas para todas as proxeccións e eventos do festival, sexa cal for a súa localización. Horarios: durante a celebración do festival (do 1 ao 6 de xullo) desde unha hora antes do inicio da primeira sesión ata o inicio da última sesión de cada día. Teléfono: 981 542 349

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Info práctica: 
Mércores, 2 Xullo, 2025
20:30
Teatro Principal