CURTOCIRCUÍTO 2025 · SE · ENCONTRO GUILLERMO GALOE E MARINA LOPEZ

DATOS BÁSICOS

CURTOCIRCUÍTO 2025 · SESIÓN ESPECIAL

ENCONTRO CON GUILLERMO GALOE E MARINA LOPEZ

O espello do outro. Conversa con Guillermo Galoe e Marina López tras cinco anos rodando Ciudad sin Sueño
No marco de Curtocircuíto, o cineasta Guillermo Galoe e a produtora Marina López protagonizarán un encontro arredor do acto de filmar ao outro, partindo da súa experiencia rodando Ciudad sin sueño, que recibiu o Premio SADC á Autoría na Semana da Crítica do Festival de Cannes e foi desenvolvido durante anos na Cañada Real, ás aforas de Madrid. A actividade, en forma de charla aberta, afondará nas implicacións éticas, estéticas e políticas de capturar realidades alleas, fronteiras invisibles e contextos de exclusión, sempre desde unha mirada comprometida e persoal. Galoe compartirá materiais inéditos, reflexións persoais e decisións clave do proceso creativo, propoñendo un espazo de diálogo sobre os límites do documental, a representación da alteridade e a responsabilidade do artista no territorio do real. 
Durante máis de cinco anos, Galoe mergullouse na comunidade da Cañada Real, o maior asentamento irregular de Europa, convivindo coa veciñanza e desenvolvendo con ela unha proposta cinematográfica que mestura ficción e documental. 

Acceso: 

Acceso libre

Info práctica: 
Domingo, 6 Xullo, 2025
12:00
Hotel Costa Vella