CURTOCIRCUÍTO 2025 · LIVE AV · DJ SET ·
AMIGA · YOU_ EL
Amiga
DJ ourensana residente en Santiago de Compostela, tamén cofundadora de Gas Clube e Elástica. As suas seleccións principais móvense no continuum da bass music, os ritmos rotos e o son de UK en xeral (destacando xéneros como o hard drum, o grime, o dubstep ou o jungle), aínda que os seus intereses se amplían a outros estilos como o electro, o house ou o dub techno. As súas proposts resultan nun equilibrio entre referencias de sons old school e os máis contemporáneos e vanguardistas.
You_el
You_o (nome real: Joel Cortizo, tamén coñecido como Joel Pérez) é un DJ, promotor e activista cultural de Ourense, Galicia. Figura clave na escena electrónica galega, destaca pola súa versatilidade como selector, explorando desde house e techno ata electro, breaks e raw beats con claras influencias británicas. Picou en clubs como Monkey Club e DIAL, ademais de participar en festivais dentro e fóra de Galicia. Tamén se lle recoñece pola súa faceta pluriartistica reforzando o seu perfil como creador multidisciplinar e dinamizador local.
AVISO! Ten en conta que este DJSET acontece na noite do sábado 5 ao domingo 6 de xullo, pero como arranca pasada a medianoite figura programado neste calendario o 6 de xullo