Curtocircuíto x Cineclube de Compostela
Rebobinar, repicar, recuperar: unha panorámica polo vídeo e a televisión en Galicia nos anos 80.
- 25x24, Antón Caeiro, (1985, 10')
- Laza, carnaval sagrado, Xavier Villaverde (1986, 6')
- Morosos varios, Roberto Vidal Bolaño (1991, 25'')
- 365, Manolo Abad (1992, 9')
Cineclube de Compostela e Curtocircuíto continúan xuntos na procura, recuperación e posta en valor do patrominio audivisual galego. Desde hai case unha década, esta colaboración facilitou a visibilización de iniciativas e artistas como Euloxio Ruibal e o seu Equipo Lupa; Roberto Vidal Bolaño, Ezequiel Méndez, Equipo 64, etc.
Nesta edición 2025 –e continuando a senda das experiencias audiovisuais de Vidal Bolaño– mergullámonos no período de tempo que abarca a segunda metade dos anos 80 e a primeira dos 90, que supuxo un terreo fértil e abonado para o audiovisual galego. A substitución do cinema doméstico polos primeiros formatos de vídeo como soporte amateur preferente e os inicios da televisión en Galicia abriron toda unha serie de vías nos eidos da ficción, o documental e o experimental que conforman un fito dentro da imaxe e o son do noso país. Esta pequena escolma tenta, a través de pezas inéditas e semi-descoñecidas, representar esta eclosión de creatividades e novos camiños no vídeo galego.