CURTOCIRCUÍTO 2025 · SESIÓN ESPECIAL
ARIEL: ENCONTRO CO PÚBLICO
Un día despois da estrea en España de Ariel en Curtocircuíto, o seu director, Lois Patiño; a súa produtora, Beli Martínez e mais a actriz Irene Escolar manterán un encontro con prensa e público. Xuntos compartirán o proceso creativo desta fermosa obra inclasificable, que transita entre o metacinema, o sensorial e o máxico.