Blanca visita ao seu avó nunha aldea escondida entre as montañas de Galicia. Coa súa chegada, a realidade na vila comeza a transformarse. Os últimos habitantes resístense á desaparición do rural a través dos seus soños, lembranzas e a súa memoria.
Patios de luz é unha viaxe, un diario, sobre a emigración rural ás cidades. Narrado cunha linguaxe poética que se centra nos matices, nos cambios visuais e sonoros, os patios de luz convértense en anfiteatros comunais.
Humedalia
2024
Irene Saenz Carballeira
0:15:57
EXP
Humedalia é unha película autobiográfica sobre a miña infancia e o lugar onde crecín. Destacan imaxes que gravei sen pretensións durante os meus paseos por este lugar, imaxes tomadas case desde a perspectiva da nena que fun unha vez. Nun momento dado, este lugar revélase na pantalla. A película constrúese grazas ao son do arquivo de vídeo da miña familia e ás varias gravacións de campo que elaboran unha paisaxe sonora que evoca esas emocións pasadas. Cando o chan que pisas está cheo de recordos, o pasado guíate desde o alto.
Queimar cando morra
2024
Ines Pintor
0:12:00
DOC
«Queimar cando morra, un noso pai e ao fogo». Isto é o que dicía un paquete que atopei no armario da miña avoa cando ela morreu. Antes da queima, eses obxectos que contiña xeraron unha reflexión en min sobre a familia, sobre os recordos. Sobre o que era a vida das mulleres e sobre como cambiou.