CURTOCIRCUÍTO 2024 · COSMOS 4

DATOS BÁSICOS

Cosmos nace no 2023 para romper as barreiras entre xéneros e a procedencia das películas, poñendo a dialogar o cinema narrativo máis arriscado coas propostas de vangarda. A diversidade cultural e outros retos da nosa sociedade terán un espazo para a visibilización e a reflexión.

Imaxe: Ulía


Cruzando as aguas

Across the watwers

2024
Viv Li
0:15:10
FICCIÓN
Estrea en Galicia

Sopra unha tormenta de area, escasea a auga. Nun remoto pobo mineiro sen sinais de radio, unha estrafalaria adolescente sente curiosidade por un camioneiro que pasa por alí.


Ulía

2024
Laura Moreno Bueno
0:13:17
EXP

Unha colaxe construída desde o fotograma que expón unir diferentes lugares a partir das distorsións do espazo, encerrando distintas paisaxes nun mesmo encadre, creando paisaxes inexistentes pero potencialmente reais.


Nos campos magnéticos

En los campos magnéticos

2024
Sandra Schäfer
0:14:09
EXP DOC

Que ondas e sinais percorren as paisaxes híbridas entre o uso agrícola e o barbeito? Quen os atravesa? O traballo, a travesía e a intervención na paisaxe e o espazo atópanse coa atmosfera, o vento, a terra. Os modos de produción posthumanos atópanse co magnetismo e as visións do afrofuturismo. Os escenarios da película inclúen un campo na rexión do baixo Rin, o espazo exterior, un bosque en Bad Marienberg e un lugar de investigación de aves migratorias. Voces xeradas que citan textos da autora feminista de ciencia ficción Ursula K. Lle Guin, do teórico Mark Fisher, da artista Lygia Clark, e entrevistas con silvicultores e investigadores de aves forman a banda sonora xunto con música de Dominik Eulberg, Manuela Schininà, Maya Shenfeld e Tim Tetzner.


A vertixe das distintas maneiras de ver

The Vertigo of the Ways of Seeing

2024
Daniel Pitarch
0:17:00
EXP
Estrea en Galicia

Scottie lee "Modos de Ver" de John Berger y empieza a hacerse preguntas. Judy guarda silencio.

 

Duración: 
59 MIN
Entradas: 

En liña: Recoméndase a adquisición en liña de todas as entradas do festival.

Presenciais: para todas as proxeccións e eventos do festival, sexa cal sexa a súa localización.

  • Zona C. Punto de Información Cultural (Praza de Cervantes): aberta de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h. Teléfono: 981 54 24 62
  • Teatro Principal: durante a celebración do festival (do 2 ao 6 de outubro) dende unha hora antes do inicio da primeira sesión ata o comezo da última sesión de cada día. Teléfono: 981 542 349

 

Funcións: 
Xoves, 3 Outubro, 2024
19:30
Teatro Principal