CURTOCIRCUÍTO 2024 · COSMOS 3

DATOS BÁSICOS

Cosmos nace no 2023 para romper as barreiras entre xéneros e a procedencia das películas, poñendo a dialogar o cinema narrativo máis arriscado coas propostas de vangarda. A diversidade cultural e outros retos da nosa sociedade terán un espazo para a visibilización e a reflexión.

Imaxe: Moon v. State


O punto da felicidade

Bliss Point

Gerard Ortin

0:23:00
EXP DOC

"O punto da felicidade" mergúllanos no ritmo cada vez máis acelerado da subministración de alimentos e da aparición de novos procesos tecnocapitalistas. A película lévanos desde escuras cociñas e estudos de publicidade de alimentos ata almacéns xestionados por intelixencia artificial. Un repartidor atravesa a cidade en bicicleta ata un remolque improvisado onde os traballadores preparan hamburguesas. Robots movidos por algoritmos zoan por unha extensa rede de caixas e unhas impresoras 3D amontoan capas de datos xerados por computador para producir alternativas alimentarias. Baseándose no concepto de palatabilidade óptima, O punto da felicidade revela a relación entre a automatización e o traballo humano, e o modo en que se entrecruzan a estética e a política alimentarias. Xunto con "Future Foods" (2020) e "Agrilogistics" (2022), completa unha triloxía sobre réximes alimentarios escópicos.


Arbor Labor

2024
Stefanie Weberhofer
0:08:00
ANIMACIÓN EXP
Estrea en España

O reino vibrante e táctil faise perceptible sensualmente con medios fílmicos puristas. Esta viaxe cinematográfica combina imaxes en cámara con raiogramas, onde o bosque transfírese directamente ao material fílmico. O resultado é unha complexa colaxe que establece habilmente unha conexión entre o cinema estrutural tradicional e a urxente cuestión da actual crise climática.


Moon v. State

2024
James N. Kienitz Wilkins
0:15:31
DOC

O recordo dunha nena sobre un neno chamado Moon.


Aquí estou sentado nunha lata voando por enriba do mundo

(for here am i sitting in a tin can far above the world)

2024
Gala Hernandez
0:19:06
EXP DOC
Estrea en Galicia

Unha muller soña co criptógrafo estadounidense Hal Finney. Unha grave crise económica afecta o mercado das criptodivisas, decenas de miles de persoas están crioxenizadas á espera dun futuro mellor. Están suspendidos ou caendo ao baleiro? Que estraña relación temos co futuro?

 

 

 

Duración: 
66 MIN
Entradas: 

En liña: Recoméndase a adquisición en liña de todas as entradas do festival.

Presenciais: para todas as proxeccións e eventos do festival, sexa cal sexa a súa localización.

  • Zona C. Punto de Información Cultural (Praza de Cervantes): aberta de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h. Teléfono: 981 54 24 62
  • Teatro Principal: durante a celebración do festival (do 2 ao 6 de outubro) dende unha hora antes do inicio da primeira sesión ata o comezo da última sesión de cada día. Teléfono: 981 542 349
Funcións: 
Xoves, 3 Outubro, 2024
18:00
Teatro Principal