CURTOCIRCUÍTO 2022

DATOS BÁSICOS

Aberto o prazo de inscrición de curtametraxes en CURTOCIRCUÍTO, FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA.

O festival celebrarase do 1 ao 9 de outubro do 2022. A participación está aberta ao ámbito internacional e é de balde.

Só poderán inscribirse través da plataforma en liña as curtametraxes que fosen estreadas con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2022 e que non fosen enviadas ao Festival en edicións anteriores. A duración máxima das curtas presentadas será de 75 minutos (títulos de crédito incluídos).

A inscrición farase a través da plataforma da Internet ShortFilmDepot. Para que a inscrición sexa válida haberá que completar todos os pasos que nela se indican. A data límite para a inscrición é o 15 de xullo de 2022.

Descargar AQUÍ as bases completas.

Funcións: 
Martes, 14 Xuño, 2022 a Venres, 15 Xullo, 2022