Esta competición aglutina as producións galegas que Curtocircuíto considera máis arriscadas e interesantes, ao tempo que intenta conformar un conxunto que represente a heteroxeneidade da escena galega.
Non te vexo (Non te vexo)
2023
Xacio Baño
0:13:33
DOC, EXP
Un Mississippi, dous Mississippi, tres Mississippi.
Ecotone (Ecotone)
2022
Enar de Dios
0:27:20
EXP
“Ecotone” é un ensaio audiovisual que se centra nas zonas limítrofes para falar das prácticas de control que se exercen nos distintos espazos para mantelos separados. Estruturado nunha serie de “campos”, Ecotone é unha crítica ás formas contemporáneas de capitalismo como o capitalismo de vixilancia ou o biocapitalismo.
Ulises (Ulises)
2023
Félix Brixel
0:24:37
FIC
Ulises, que padece un marcado trastorno psicomotor, é atendido polo seu irmán. Un día abandona a casa familiar e decide enterrarse vivo. O seu irmán desesperado atópao e convenceo de que volva, pero xa non sabe que facer para protexelo.
Bloom (Bloom)
2022
Helena Girón, Samuel M. Delgado
0:17:39
DOC, EXP
San Borondón é unha illa mítica que aparece e desaparece. Ao longo da historia tense situado nos mapas preto das Illas Canarias. A lenda da illa de San Borondón chegou a cobrar tal forza que, durante os séculos XVI, XVII e XVIII, se organizaron expedicións para descubrila e conquistala. Tras séculos de esquecemento, á fin foi achada.