CURTOCIRCUÍTO · PLANETA GZ 1

DATOS BÁSICOS

Esta competición aglutina as producións galegas que Curtocircuíto considera máis arriscadas e interesantes, ao tempo que intenta conformar un conxunto que represente a heteroxeneidade da escena galega.

Ruovesi (Ruovesi)

2023

Andrea Zapata-Girau

0:18:24

FIC

Cecilia, supervivente da represión militar chilena, conxuga, desde o seu desterro en Finlandia, loita interior e política, disgregación xeográfica e familiar. Ao seu carón, a súa neta Aava, ofrecéndolle un novo lugar desde o que aliviar, por un momento, a carga do seu persistente e fragmentado renarrar. Baseado na vida de Silvia Eliana Aedo, que interpreta a Cecilia.

Alicia fai cousas (Alicia fai cousas)

2023

Ángel Santos

0:25:00

FIC

Alicia está obsesionada, metéuselle na cabeza que é aburrida, ou que está aburrida, ou quizá simplemente que todo é aburrido. Nós seguímola na súa obsesión, mentres se prepara para un casting, pensa se debería apuntarse a algún curso ou dubida se ir ou non ir a unha festa.

Habitar (Habitar)

2023

Anxos Fazáns

0:14:46

DOC

Pode un corpo ser unha casa? Que é un fogar? Habitar trata de responder a estas preguntas sobre a construción das nosas identidades a través do retrato íntimo de persoas transxénero e non binarias de Galicia.

Devocións (Devociones)

2023

María Serna, Ángel Montero Vázquez

0:17:00

EXP, DOC

Rituais curativos, baños, aloumiños, coidados. Devocións é unha historia de amor e enfermidade que explora a aceptación dunha perda e da posibilidade real da morte. Unha viaxe sensorial a través do espello en busca de paisaxes que sandan para celebrar a vida.

Alguén me Chamou Serpe Negra (Alguén me Chamou Serpe Negra)

2023

Borja Santomé

0:10:01

ANI, EXP

Alguén me chamou serpe negra é unha colección de relatos oníricos a medio camiño entre o imaxinario e o autobiográfico. A película fálanos da busca dunha serie de personaxes, pouco esbozados, que emprenden unha viaxe física e mental desde a cidade, ruidosa e desordenada, ata alcanzar a costa e os seus novos misterios nunha sucesión de escenas que nos remiten ao descubrimento e á sede.

Duración: 
86 MIN
Acceso: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Entradas para todas as proxeccións e eventos do festival, sexa cal sexa o seu emprazamento. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Teatro Principal. Durante a celebración do festival (do 3 ao 8 de outubro) desde 1 h antes do inicio da primeira sesión hasta o inicio da última sesión de cada día. Entradas para todas as proxeccións e eventos do festival, sexa cal sexa o seu emprazamento. Tel.: 981 542 349.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA

Info práctica: 
Mércores, 4 Outubro, 2023
22:30
Teatro Principal