Curtocircuíto x Cineclube de Compostela: Equipo 64
A 21ª edición de Curtocircuíto mantén o seu compromiso coa recuperación do patrimonio cinematográfico amateur galego e céntrase este ano no traballo de Equipo 64.
Gonzalo Anaya, Enrique Banet e o propio Ezequiel Méndez (responsable do mítico Cine-Club Universitario) fundaron Equipo 64.
En 1964, Anaya, Banet e Méndez, cunha cámara cinematográfica portátil, unha boa dose de inexperiencia e determinación sen límites fixeron unha viaxe inesquecible a Roncesvalles para filmar ós peregrinos; conseguiron montar un andamio diante do Pórtico da Gloria e mergulláronse no corazón da Costa da Morte.
Desde Equipo 64 codirixiron os seguintes documentais en 16mm co patrocinio da Caja de Ahorros de Santiago: El Camino de Santiago (1964); Pórtico de Compostela (1965) e Malpica (1966), entre outros traballos.
Pórtico de Compostela
1965
EQUIPO 64
0:19:41
O Camiño de Santiago
1964
EQUIPO 64
0:27:11
Malpica
1966
EQUIPO 64
0:13:10