CINEUROPA. PANORAMA AUDIOVISUAL GALEGO
ALGO NOVO QUE CONTAR (2025) de Paula Pereira
España / 20 min / Ficción / Galego
Ficha artística:
Lidia Veiga, Grial Montes, Elsa García, Manu Estévez, Alixa Ladson
Ficha técnica:
Guión: Paula Pereira
Fotografía: Miguel Gomar
Edición: Lucía Estévez, Paula Pereira
Produción: Lucía Estévez, Paula Pereira
Sinopse: Xoana pasa o verán acompañada das súas amigas, entre as que está Emma, con quen mantén un romance secreto. Aínda virxe e presa das súas propias inseguridades, Xoana sente que debe dar o paso, pero o medo a decepcionar ou a non estar á altura, paralízaa.
Paula Pereira, graduada na Escola de Imaxe e Son de Vigo, é directora e montadora. En 2024 dirixiu o seu primeiro videoclip, Hi, My Love de Sabela Ramil. En 2023 gañou o Premio Novas Camadas no Festival de Cans coa súa primeira curtametraxe, Despois de ti, realizada no marco do obradoiro Illas Cíes Desafío Audiovisual, onde tamén obtivo o galardón á Mellor Curtametraxe. O seu filme Prata foi distinguido co Premio FasMuvis no Festival Internacional de Cine de Ourense 2023.
XI Festival Directed by Women Spain, Matadero, Madrid
FIC Bueu 2025
CIUDÁ DE LADRILLO (2024) de Carlota Álvarez
España / 11 min / Documental / Galego
Ficha artística:
Teresa González, Erundina González, Maruja Vázquez, Peregrina Fernández
Ficha técnica:
Guión: Carlota Álvarez
Fotografía: Carlota Álvarez
Edición: Carlota Álvarez
Produción: Carlota Álvarez
Sinopse: Un retrato íntimo da memoria e do esquecemento nunha aldea do interior de Galicia. A directora regresa a Pieles, na parroquia de Oseira, para reencontrarse co pasado familiar e coas poucas veciñas que aínda lembran o tempo en que máis dunha vintena de familias labregas habitaban o lugar. A través das súas voces e de materiais de arquivo, a curta reconstrúe unha historia colectiva marcada polo despoboamento e pola resistencia da memoria rural.
Carlota Álvarez é graduada en Xornalismo e Comunicación Audiovisual pola Universidade de Santiago de Compostela. No eido profesional, ten experiencia como redactora en varios medios, así como nos departamentos de comunicación e produción de entidades culturais. É cofundadora de O Faiado Podcast, proxecto no que traballa nas áreas de son e edición. Tamén colaborou en producións como Señora, por favor (making of) e realizou pezas propias como Zafirada, unha curtametraxe de animación. Desde 2025 desempeña labores de comunicación e xestión de redes sociais no Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento (IEGPS).
Premio Novas Camadas no Festival de Cans 2025
DANZA PROPIA (2025)
Andrea Zapata-Girau
España / 12 min / Documental / Galego
Ficha artística:
Pilar Rodríguez, Rosa Carballo
Ficha técnica:
Guión: Andrea Zapata-Girau
Fotografía: Andrea Zapata-Girau
Edición: Andrea Zapata-Girau
Produción: Andrea Zapata-Girau
Etalonaxe: Pablo Cayuela
Sinopse: A partir das reflexións da antropóloga finlandesa Taina Kinnunen sobre as “biografías do tacto”, a directora explora como as experiencias táctiles moldean as relacións humanas e culturais. No Chanfaina Lab atopou a oportunidade de recoller estes relatos en San Sadurniño, centrados en mulleres con profesións que implican contacto físico e emocional. A través de Pilar Rodríguez, reflexóloga, e Rosa Carballo, avoa e muller de gran forza vital, a cineasta reflexiona sobre o material humano, a familia e o ancestral.
Andrea Zapata-Girau é cineasta, montadora, educadora e música. A súa obra, situada na intersección entre a ficción e a non ficción, explora a relación entre o cinema, as humanidades, a música e a arte contemporánea, abordando cuestións como as dinámicas familiares e comunitarias, a dislocación cultural e a fe. As súas películas proxectáronse en múltiples festivais e espazos de referencia internacional. Entre os seus principais traballos destacan o documental musical Guitarra de palo (2013), as curtametraxes Jiskra (2007), Aava (2016), Dictée 14' 32'' (2023), Ruovesi (2023) e a mediometraxe Imatra (2025).
PURA (2024) de Carmen Méndez
España / 25 min / Documental / Galego
Ficha artística:
Pura Lamas Rivas e Carmen Fernández Tourón
Ficha técnica:
Guión: Carmen Méndez
Fotografía: Carmen Méndez
Edición: Eloy Domínguez Serén
Produción: Carmen Méndez, Suso Méndez
Sinopse: Unha muller volve á casa para lembrar(se) e recoñecerse. Colle unha cámara e filma por primeira vez. O retrato da súa nai e da súa avoa é tamén o seu propio retrato. Grazas a elas, reconcíliase co lugar e coas lembranzas.
Carmen Méndez é actriz e directora. Estréase na dirección con esta curtametraxe documental de carácter autobiográfico. No ámbito interpretativo, conta cunha ampla traxectoria en teatro, televisión e cinema. En televisión destacou polo seu traballo durante sete tempadas na serie da Pazo de Familia, personaxe polo que foi finalista en dúas ocasións aos Premios Mestre Mateo como Mellor Actriz Secundaria. Tamén participou en El Faro, Serramoura, Augas secas, Élite e Saudade de ti. No cinema interveu, entre outras, nas longametraxes Tres, de Juanjo Giménez Peña, Bad Investigate, da produtora portuguesa Lightbox Filmes, e protagonizou Pelerinaxes, documental dirixido por Simone Saibene.
Premio Mestre Mateo á Mellor Curtametraxe de Imaxe Real 2025
Premio Supernova e Premio Cátedra Cruz Roja USC do Festival Curtocircuíto 2024
Mellor Curtametraxe Galega e Premio do Público do Festival Cine de Roca