CINEUROPA
AS COUSAS DO QUERER
THE CRYING GAME / XOGO DE BÁGOAS (1992)
Neil Jordan
Reino Unido / 113 min / Ficción / Inglés
Ficha artística:
Stephen Rea, Jaye Davidson, Forest Whitaker, Miranda Richardson
Ficha técnica:
Guión: Neil Jordan
Fotografía: Ian Wilson
Edición: Kant Pan
Produción: Paul Cowan, Rainer Grupe, Elizabeth Karlsen, Nik Powell, Stephen Woolley
Sinopse:
Fergus, un militante do IRA, participa no secuestro dun soldado británico, Jody. Durante o cativerio, entre ambos nace un vínculo de respecto e amizade que marcará a vida de Fergus. Tras un tráxico desenlace, o irlandés foxe a Londres, onde coñece a Dil, a misteriosa moza da que Jody lle falara. A relación entre eles converterase nun xogo de verdade e engano que porá a proba a súa lealdade, o seu desexo e a súa noción de identidade.
Mellor Guión Orixinal nos Óscar 1993
Mellor Filme Británico nos BAFTA 1993
Mellor Filme Estranxeiro nos Independent Spirit Awards 1993