CARAMUXO TEATRO
TEATRO
TEATRO PRINCIPAL
Idade recomendada: 3º a 6º Primaria
Duración: 50 min
Lingua: sen texto
Crisálida é o espectáculo número 25 de Caramuxo Teatro, unha comedia de máscaras sen texto que pon en valor a importancia do comercio tradicional nun mundo globalizado e cada vez máis dixitalizado. Crisálida é unha homenaxe ao comercio de proximidade, de barrio, e unha chamada a recuperar os valores da convivencia e a comunidade.
Premio Maria Casares 2024 a mellor espectáculo para público familiar.