CRÓNICAS DUN NON

DATOS BÁSICOS

CINEUROPA

PANORAMA AUDIOVISUAL GALEGO

CRÓNICAS DUN NON (2025) + PRESENTACIÓN

Fernando Rodríguez

España / 70 min / Documental / Galego, castelán

Ficha artística:

Manuel Rivas, Martázul Busto, Duarte Crestar, Francisco Salgado, Encarna Otero, Guillerme Vázquez, Elías Rozas, Xoán Cordeiro Budiño, Carlos Blanco, Xosé García Lapido, Manuel Almenar, Camilo Nogueira, Xoán Antón Pérez-Lema, Cristina Álvarez, Nuria Grandío, Fernando Rodríguez

Ficha técnica:

Guión: Fernando Rodríguez

Fotografía: Álvaro Liste

Edición: Miguel Romero, Luís Millares

Produción: Ismael Romarís

Sinopse:

Fernando Rodríguez, coñecido como “Peñaño”, reconstrúe en primeira persoa a historia do movemento da insubmisión en Galicia, que na década de 1990 se converteu nunha das máis significativas experiencias de desobediencia civil no Estado español. A través da súa propia experiencia —foi encarcerado en 1989 por negarse a cumprir o servizo militar— e das voces doutros protagonistas, o documental recupera a memoria dunha loita colectiva chea de inxenuidade, valentía e convicción, que contribuíu a abolir o servizo militar obrigatorio en 2001.

Fernando Rodríguez “Peñaño” é guionista, produtor e realizador, formado en Produción Audiovisual na Escola de Imaxe e Son da Coruña. Foi guionista e dialoguista da serie 4º sen ascensor e de curtametraxes como A loita ou A cadros, ademais de producir documentais como Entre Patifas, Seis estrelas ou Beiras, vivir dúas veces. Tamén é autor de varios libros de poesía e narrativa, entre eles A mala idea (2002), Miradas Ausencias (2004, Premio Prados Ledesma), Camiños (2008), El tiempo, todo locura (2014) e Querida Laura (2020).

 

Duración: 
70 MIN
Acceso: 

Entrada de balde previa retirada de convite

Bono 10 películas: 30 euros

Catálogo: 2 euros

  • Para as proxeccións de todas as salas:
    • compostelacultura.gal
    • ZONA C. Punto de Información Cultural (Praza de Cervantes): de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h.
    • TEATRO PRINCIPAL: de 15.00 h ata a hora de inicio do último filme no Teatro Principal ou no Salón Teatro.  
  • En cada sala, para as proxeccións dese espazo:
    • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14.00 h e de 16.00 a 20.30 h e os martes só de 16.00 a 20.30 h. Os domingos e calquera outro día fóra deste horario, abrirase o despacho de billetes 10 minutos antes do inicio da sesión. Neste despacho de billetes só se poderá pagar en efectivo
    • AUDITORIO DE GALICIA: dende media hora antes do inicio de cada sesión

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Info práctica: 
Xoves, 13 Novembro, 2025
20:30
Salón Teatro