CRÍAS

DATOS BÁSICOS

CINEUROPA 

PANORAMA AUDIOVISUAL GALEGO

CRÍAS (2026)

Xiana do Teixeiro

España / 122 min / Galego, castelán

Participan:

Begoña Méndez, Gelen Jeleton, Marta Nieto, Tania Berta Judith, Xiana do Teixeiro

Ficha técnica:

Guión: Xiana do Teixeiro

Fotografía: Alicia Francés, Lucía C. Pan e Xiana do Teixeiro

Edición: Xiana do Teixeiro

Produción: Xiana do Teixeiro

Sinopse:

Durante anos, Xiana do Teixeiro reuniu diarios de adolescencia de centos de mulleres, configurando un arquivo que reivindica unha escrita historicamente marxinada. Os relatos que se percibían como únicos revelan, ao poñerse en común, estruturas afectivas e narrativas construídas socialmente. Da súa lectura colectiva xorde unha contradición reveladora: a vergoña que atravesaba aquelas escritas transfórmase en coidado cando as mulleres recoñecen esas mesmas experiencias noutras. A película presta atención tanto ao escrito como ao que falta —borróns, páxinas arrincadas—, mostrando que os rastros da autocensura feminina aparecen mesmo no ámbito máis privado, alí onde escribir parecía ser, precisamente, un refuxio.

Xiana do Teixeiro é cineasta, produtora e investigadora galega e traballa desde unha perspectiva ecofeminista. A súa primeira longametraxe, Tódalas mulleres que coñezo (2018), é unha película multipremiada que conectou o activismo feminista, a educación e a creación, ademais de se converter nun dos documentais máis vistos en aulas e espazos sociais. Foi coguionista e produtora do ensaio ecoloxista Salvaxe, salvaxe, premiado como mellor documental no Festival de Málaga en 2024. É cofundadora dos estudos Animala e Walkie Talkie Films.

 

 


Con presentación e coloquio

Duración: 
122 MIN
Acceso: 

Bono 10 películas: 30 euros

Catálogo: 2 euros

VENDA DE ENTRADAS E RETIRADA DE CONVITES

  • Para as proxeccións de todas as salas:
    • compostelacultura.gal
    • ZONA C. Punto de Información Cultural (Praza de Cervantes): de martes a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 h.
    • TEATRO PRINCIPAL: de 15.00 h ata a hora de inicio do último filme no Teatro Principal ou no Salón Teatro.
  • En cada sala, para as proxeccións dese espazo:
    • NUMAX: de luns a sábado (excepto martes) de 10.30 a 14.00 h e de 16.00 a 20.30 h e os martes só de 16.00 a 20.30 h. Os domingos e calquera outro día fóra deste horario, abrirase o despacho de billetes 10 minutos antes do inicio da sesión. Neste despacho de billetes só se poderá pagar en efectivo
    • AUDITORIO DE GALICIA: dende media hora antes do inicio de cada sesión

VENDA DE BONOS

  • compostelacultura.gal
  • Zona C · Punto de Información Cultural
  • Despacho de billetes do Teatro Principal

Para a adquisición de entradas e bonos recomendamos o uso preferente da páxina web compostelacultura.gal

ESTE PROGRAMA ESTÁ SOMETIDO A POSIBLES CAMBIOS. PRÉGASE CONSULTAR A CARTELEIRA DIARIA

Info práctica: 
Venres, 13 Novembro, 2026
19:30
NUMAX
MULTIMEDIA