CINEUROPA
SECCIÓN OFICIAL EUROPEA
COWARD (2026)
Lukas Dhont
Bélxica, Francia, Países Baixos / 120 min / Francés, neerlandés
Ficha artística:
Emmanuel Macchia, Valentin Campagne, Willem De Schryver
Ficha técnica:
Guión: Lukas Dhont e Angelo Tijssens
Fotografía: Frank Van den Eeden
Edición: Alain Dessauvage
Produción: Michiel Dhont e Juliette Schrameck
Sinopse:
A Primeira Guerra Mundial prolóngase e Pierre, un soldado que acaba de chegar á fronte, está impaciente por amosar o seu valor. Na retagarda coñece a Francis, que decide levantar o ánimo dos seus compañeiros organizando unha representación teatral. Mentres a violencia continúa, ambos buscan o xeito de escapar da brutalidade da guerra, aínda que só sexa por un instante.
Lukas Dhont é un director e guionista belga. As súas curtametraxes Corps perdu e L’Infini recibiron diversos premios. A súa primeira longametraxe, Girl (2018), obtivo a Cámara de Ouro no Festival de Cannes e o premio FIPRESCI na sección Unha Certa Ollada. A súa segunda película, Close (2022), gañou o Gran Premio do Xurado de Cannes e foi candidata ao Óscar á mellor película internacional.
MELLOR INTERPRETACIÓN MASCULINA (EMMANUEL MACCHIA E VALENTIN CAMPAGNE) NO FESTIVAL DE CANNES 2026