CINEUROPA
SECCIÓN OFICIAL EUROPEA
COUTURE (2025)
Alice Winocour
Francia, Estados Unidos / 106 min / Ficción / Francés, inglés
Ficha artística:
Angelina Jolie, Louis Garrel, Ella Rumpf
Ficha técnica:
Guión: Alice Winocour
Fotografía: André Chemetoff
Edición: Lilian Corbeille, Julien Lacheray
Produción: Charles Gillibert, William Horberg, Angelina Jolie, Zhang Xin
Sinopse:
No medio do tumulto da Semana da Moda de París, entrecrúzanse os camiños de tres mulleres que loitan coas traxedias do mundo e coas incertezas das súas propias vidas. Maxime, unha directora de cinema estadounidense de corenta anos, recibe un diagnóstico de cancro; Ada, unha moza modelo do Sudán do Sur, foxe dun destino marcado para acabar nun ambiente frívolo; e Angèle, maquilladora francesa que traballa entre bastidores nos desfiles, soña con mudar de vida.
Alice Winocour é unha directora e guionista francesa formada na prestixiosa escola de cine La Fémis. Tras as curtametraxes Kitchen (2004), que competiu no Festival de Cannes, Magic Paris (2006) e Piña Colada (2009), Winocour dirixiu en 2012 a súa primeira longametraxe, Augustine, presentada na Semana da Crítica de Cannes e candidata a dous premios César. Posteriormente realizou o thriller Maryland (2015), co que regresou ao festival, desta volta na sección Unha certa ollada. Co seu terceiro filme, Proxima (2019), obtivo o Premio Especial do Xurado no Festival de San Sebastián. Seguiulle Revoir Paris (2022), que gañou o Premio SACD na Quincena de Cineastas de Cannes e o César á Mellor Actriz para Virginie Efira. Couture presentouse no Festival de Toronto.