'Conxurando o invisible' de Aïda Colmenero. Noite do Patrimonio
Na procura da memoria do corpo colectivo, corpos en masa, conectados coa historia ancestral. Todo se relaciona na rede da vida. Todo está atado ás leis da existencia. Terra non é só o pedazo de po do que nacemos, terra é historia. Terra é nai, terra é pai eterno. Por iso somos irmáns, homes, animais e cousas. Terra é dignidade. Terra é o espírito os nosos pobos e dos nosos antepasados. Terra é vida. Terra é historia.
Acompañada de cantos populares galegos, Colmenero conxura e reza con aquilo que non se ve, o invisible, as voces e presenzas ancestrais, non palpables, pero que sempre estiveron aí, cunha proposta que pretende encher o espazo de voces femininas, unha oración-canto-mantra ao mundo de respecto dos que rezan.
Este evento realízase no marco da Noite do Patrimonio, organizado polo Grupo de Ciudades Patrimonio de la Humanidad de España. Será retransmitido por streaming na web https://lanochedelpatrimonio.com e na web e redes sociais da UNESCO.