ARTES ESCÉNICAS · MEDIACIÓN CULTURAL
Actividade parelela arredor do espectáculo ICTUS (anatomía de ''A derradeira leición' de Castelao).
Nas horas previas ao segundo dos pases do máis recente traballo de Chévere, integrantes da compañía reuniranse no Conversando, unha nova charla aberta co público que arrancará ás 17.30 horas no Auditorio de Galicia para afondar no proceso de investigación, desenvolvemento, e interpretación desta peza, do seu contexto histórico, do seu valor simbólico e da súa carga política e memorial.