A sala de exposicións do Auditorio de Galicia acolle a presentación da publicación que recolle os traballos seleccionados no Décimo cuarto premio Auditorio de Galicia para artistas noveis. Son trinta e dous artistas e trinta e un traballos que nos achegan a creación actual feita en Galicia, a súa riqueza, e a súa diversidade.
O público asistente terá a oportunidade de conversar con algúns dos creadores e creadoras que afondarán sobre a obra exposta e sobre o seu traballo.