CONTEMPORÁNEAS 2025-2026
TRÍO ZUKAN
Gorka Catediano, percusión / Jon Ansorena, txistu / Maria Zubimendi, acordeón
URa
Abel Paúl (1984)
Points and Latitudes* (2024) para acordeón microtonal, txistu, percusión e electrónica
Betrand Chavarría-Aldrete (1978)
Serehaganades* (2024) para txistu, acordeón microtonal, percusión, voz e electrónica
Juan José Eslava (1970)
Desprendida Voz* (2021) para txistu, acordeón, percusión, elementos naturais, electrónica e vídeo
Zuriñe F. Gerenabarrena (1965)
Harri, Haize, Harea (2021) para txistu, acordeón microtonal, percusión e electrónica
* Encargo do Trío Zukan
O Trío Zukan —txistu, acordeón microtonal e percusión— trae ao ciclo unha das súas propostas máis persoais. URa (auga, en éuscaro) recolle pezas de Abel Paúl, Bertrand Chavarría-Aldrete, Juan José Eslava e Zuriñe F. Gerenabarrena, que reflexionan sobre o uso, o abuso e a beleza da auga como recurso e como símbolo.
O concerto combina sonoridades acústicas e electrónicas, voces, pedras e elementos naturais, transformando o escenario nunha paisaxe en movemento. As obras crean un fluxo sonoro que se expande e se disolve, como un río que avanza sen retorno, entre a forza e a vulnerabilidade.