PULSO ENSEMBLE · LABORATORIO SONORO INCLUSIVO

DATOS BÁSICOS

CONTEMPORÁNEAS 2025-2026

PULSO ENSEMBLE

Sara Méndez, saxos

Pedro González, violín e multimedia

María Domínguez, piano e teclados

Pablo Paz, percusión

LABORATORIO SONORO INCLUSIVO

O Laboratorio Sonoro Inclusivo é un espazo no que a música contemporánea dialoga con múltiples miradas e sensibilidades. Este proxecto pedagóxico busca tender pontes entre sons, persoas e comunidades, achegando a creación artística a quen, por distintas circunstancias, poden estar á marxe dos escenarios habituais, como persoas con diferentes capacidades e outras socialmente vulnerables. Pulso Ensemble guiará as persoas participantes nun percorrido sonoro que combina escoita, experimentación e diálogo. Cada obradoiro convértese nun lugar de descubrimento onde os sons son ferramentas de expresión, encontro e transformación. A proposta fundaméntase na sensibilización cara á diversidade, a exploración de prácticas sonoras contemporáneas e a creación artística colectiva, respectando sempre as expectativas e realidades de cada participante. O laboratorio procura fomentar o encontro entre músicos, comunidades e público, achegando a música contemporánea a quen rara vez participa neste tipo de experiencias. A través da creación compartida, constrúese un proxecto vivo que culmina nun espectáculo que reflicte a riqueza de voces e sons de todas as persoas participantes. O Laboratorio Sonoro Inclusivo é, en esencia, un espazo no que a música se vive e se comparte, transformándose en ponte entre persoas, mundos e experiencias.
 

Duración: 
60 MIN
Acceso: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 571 026

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

 

Info práctica: 
Domingo, 31 Maio, 2026
12:30
Auditorio de Galicia