MÚSICA PRÁCTICA E ABRAHAM CUPEIRO · CONSTELACIÓNS DE AUGA

DATOS BÁSICOS

CONTEMPORÁNEAS 2025-2026

MÚSICA PRÁCTICA E ABRAHAM CUPEIRO

Fernando Buide, piano

Alejandro Sanz, percusión

Regina Laza, violín

Manuel Lorenzo, violoncello

CONSTELACIÓNS SONORAS

Karlheinz Stockhausen (1928-2007)
Do ciclo Tierkreis (1974–75)
     Piscis – Escorpio - Cáncer

Caroline Shaw (1982)
Thousandth Orange (2020)

Fernando Buide del Real (1980)
A constelación de Saxitario (2024)


Baixo a dirección de Fernando Buide, o ensemble Música Práctica convida o multiinstrumentista Abraham Cupeiro a explorar a relación entre a auga e o cosmos. O programa fia obras de Karlheinz Stockhausen, Caroline Shaw e unha nova creación de Buide, A constelación de Saxitario, nunha viaxe que conecta o líquido e o estelar.

O concerto combina instrumentos antigos, electrónica e sonoridades contemporáneas, ofrecendo unha experiencia que flúe entre o rito e a contemplación. As constelacións convértense en ríos de luz e son, e a música, como a auga, serve de ponte entre o íntimo e o infinito.

Duración: 
60 MIN
Acceso: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 571 026

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Info práctica: 
Martes, 10 Marzo, 2026
20:30
Auditorio de Galicia