NACHO MUÑOZ E SOL ÁLVAREZ · COMPOSTELA IN-AUDITA

DATOS BÁSICOS

CONTEMPORÁNEAS 2025-2026

Nacho Muñoz, pianista, compositor e produtor

Sol Álvarez, artista visual 

COMPOSTELA IN-AUDITA
Meditacións sonoras urbanas


Compostela In-audita é un proxecto de escoita, documentación e transformación artística do patrimonio sonoro contemporáneo de Santiago de Compostela, materializado nun concerto audiovisual de 60 minutos elaborado a partir de imaxes e sons específicos das rúas e parroquias de Santiago, recollidos durante unha Residencia Rega no Gaiás no 2022. A proxección deste filme sonoro vai acompañada no concerto coa música do propio Nacho Muñoz (electrónica e voz) e coa vídeo-realización ao vivo (live cinema) do premiado cineasta e creador audiovisual galego Roi Fernández. A iniciativa enmárcase dentro do proceso de investigación artística sobre son e espazo público denominado Sonic Parkour, desenvolvido por Nacho Muñoz ao longo destes últimos anos, que explora como nos relacionamos co territorio a través da súa paisaxe sonora, transitando de xeito transversal por diversas disciplinas como antropoloxía, urbanismo, arquitectura, espazo público, arte sonora, patrimonio inmaterial, artes urbanas, artes visuais, cinema ao vivo, video-arte, walking art, acusmática ou acústica. Con esta orixinal recreación musical do imaxinario sonoro de Santiago, propomos pois unha abordaxe á súa identidade e espiritualidade a través da súa escoita, atendendo ás especificidades sonoras de cada lugar e ás sensacións auditivas que definen as distintas localizacións elixidas.
 

 

 

Duración: 
60 MIN
Acceso: 
  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 571 026

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

Info práctica: 
Martes, 12 Maio, 2026
20:30
Auditorio de Galicia