Baldur Brönnimann, director
Programa sorpresa
O xoves 19 de xuño, o Auditorio de Galicia acollerá o concerto de presentación da temporada da Real Filharmonía de Galicia. Un encontro especial, baixo a dirección de Baldur Brönnimann no que a orquestra ofrecerá un adianto da súa programación e das propostas musicais que marcarán os próximos meses.
Acceso
As persoas abonadas terán reservadas as butacas que ocuparon ao longo da tempada e abondará con que presenten a súa tarxeta de abono no acceso ao recinto. Para o resto de persoas interesadas, a entrada é de balde previa retirada de convites (máximo 2 por persoa). Estarán dispoñibles a partir do martes 3 de xuño na web de Compostela Cultura e no despacho de billetes da Zona C. De quedaren localidades dispoñibles, tamén se poderán recoller o propio día do concerto no despacho de billetes do Auditorio a partir das 19.30 horas.