CONCERTO DE CLAUSURA DO 27 SOUNDPAINTING THINK TANK

DATOS BÁSICOS

A Orquestra Galega de Liberación, o Suelen Estar Quartet e as e os artistas participantes no 27º Soundpainting Think Tank ofrecen na Casa das Máquinas un concerto de clausura, baixo a dirección de Walter Thompson, que servirá para compartir coa cidadanía os froitos deste encontro internacional que reiuniu en Compostela especialistas desta lingua de signos para a creación multidisciplinar en tempo real. 

O Soundpainting, creado por Walter Thompson en Nova York nos anos 70, celebra 50 anos de traxectoria como ferramenta de composición en vivo. Compostela, primeira cidade europea en acoller esta linguaxe hai 25 anos, volve situarse como referente internacional, acollendo un encontro que contará coa participación de representantes de países como Estados Unidos, Suecia, Francia, Israel, Brasil, Turquía, Alemaña ou Galiza, entre outros.

Un evento único que deixará pegada na cidade e no panorama da creación contemporánea.

O acceso é de balde ata completar capacidade.

Duración: 
60
Acceso: 

Acceso de balde até completar capacidade 

Info práctica: 
Venres, 11 Xullo, 2025
20:00
Casa das Máquinas