CONCERTO DA RFG CON ABRAHAM CUPEIRO

DATOS BÁSICOS

REAL FILHARMONÍA DE GALICIA

Paul Daniel, director
Abraham Cupeiro, multiinstrumentista

 

PROGRAMA

G. F. Haendel: Suite “Alcina” (fragmentos)
J. P. Rameau: Suite “Dardanus” (fragmentos)
H. Purcell: A raíña das fadas (fragmentos)
O. Respighi: Os paxaros (fragmentos)
A. Cupeiro (arr. C. Vázquez): Tocata das cornas I
A. Cupeiro (arr. C. Vázquez): Tocata das cornas II
A. Cupeiro (arr. C. Vázquez): Tocata das cornas III
A. Cupeiro (arr. A. Saavedra): Armenia
A. Cupeiro (arr. A. Saavedra): Costa atlántica
A. Cupeiro (arr. A. Saavedra): Karnyx

Abraham Cupeiro

Construtor e multiinstrumentista, o que caracteriza a Abraham Cupeiro é a recuperación de instrumentos perdidos no tempo, e utilizalos para crear novas sonoridades e imbricalos en músicas alleas a eles. Estudou trompeta no RCSMM, e logo realizou un máster en Interpretación da Música Antiga na Universidade Autónoma de Barcelona. Sen embargo, ainda que a súa formación é clásica, sempre sentiu atracción por todo tipo de músicas. Así, dende temprana idade formou parte de grupos de folk, jazz, música antiga…

Como instrumentista, destaca por ser unha das poucas persoas que toca o Karnix (trompeta celta da Idade de Ferro). Recentemente foi invitado para probar o Karnix de Tintignac, que é o único que apareceu entero (año 2004). É ademáis impulsor dun instrumento ancestral na tradición galega: a corna. Instrumento que na segunda mitade do século XX xa estaba extinguido. A corna que toca Abraham Cupeiro, foi atopada por Carlos Tallón na inmensidade do bosque. A súa interese pola organoloxía, levoulle a conqueruir unha colección  de máis de 200 instrumentos de todo o mundo e de distintas épocas. É unha colección que ensina a modo de concerto- monólogo baixo o nome de Resoando no Pasado.

Abraham recupera e constrúe diversos instrumentos, e interpreta con eles  dende a súa música ata música de hoxe día, e os mistura con formacións modernas. Estas misturas pódense ver no seu traballo Compromiscuo co acordeonista Bielorruso Vadzim Yukhnevich  , así como en obras escritas ex profeso para el como o Concierto Misterio de Wladimir Rosinsky xunto á Orquestra Sinfónica de Galicia. Os Sons Esquecidos é un proxecto que está gravado coa Filharmonía de Galicia. Este trabajo saiu á luz en outubro de 2017 baixo o selo Warner Classics.

Compositores com Mark Pogolsky, Enrique Rueda, Atso Almila ou Bernd Redmann escribirón expresamente música para el e os seus instrumentos. Os Sons Esquecidos foi presentado con distintas orquestras de España e Europa. En 2018 estrea un novo proxecto: PANGEA, que gravou en novembro de 2019 coa Royal Philharmonic de Londres nos estudos Abbey Road. Traballa tamén no eido das bandas sonoras para o cinema coa compañía 14th Street, do afamado Hans Zimmer.

Entradas: 
  • RETIRADA DE CONVITES EN LIÑA: LUNS DA SEMANA DO EVENTO_10.00 H
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. Aberto de martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Domingos de 11 a 14 h (Luns pechado). Teléfono 981 542 462

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Venres, 9 Xullo, 2021
20:30
Igrexa de San Martiño Pinario