CONCERTO DE CLAUSURA DO II ENCONTRO INTERNACIONAL SOUNDPAINTING COMPOSTELA
A Casa das Máquinas acolle o concerto de clausura do II Encontro Internacional de Soundpainting, unha proposta de creación en directo na que a Orquestra Galega de Liberación compartirá escenario coas persoas participantes nos obradoiros e con profesionais internacionais desta disciplina.
A actuación permitirá achegarse ao soundpainting, unha linguaxe de composición en tempo real baseada nun sistema de xestos cos que o soundpainter dirixe a improvisación das persoas intérpretes. Música, voz, movemento e acción escénica artellaranse ao vivo para construír unha peza única e irrepetible.
O concerto contará coa participación dos soundpainters Eric Chapelle, Johan Sabbe, Angélique Cormier e Xacobe Martínez Antelo, xunto coa Orquestra Galega de Liberación as persoas participantes nos obradoiros desenvolvidos durante o encontro.