CONCERTO DA JONDE, JOVEN ORQUESTA NACIONAL DE ESPAÑA

DATOS BÁSICOS

A Joven Orquesta Nacional de España (JONDE), unidade dependente do INAEM, celebrará do 1 ao 9 de xullo o seu terceiro Encontro de 2022 en Santiago de Compostela que culminará cunha xira de tres concertos, o primeiro deles, este no Auditorio de Galicia o domingo 10 de xullo (despois irán ao Auditorio Ciudad de León o día 11 de xullo e ao Auditorio Príncipe Felipe de Oviedo o 13).

O director Pablo González, actual director titular da Orquesta de RTVE, estará dirixindo á JONDE acompañado da aclamada pianista Elisabeth Leonskaja, cun programa clave do clasicismo e romanticismo musical: o Concerto nº 4 para piano e orquestra de L.v. Beethoven e a Sinfonía nº 5 de G. Mahler.

Os 94 músicos da JONDE, de entre 18 e 26 anos, prepararán o repertorio desta terceira cita anual grazas á formación exclusiva que recibirán de 12 profesores de diferentes especialidades, membros das agrupacións sinfónicas máis prestixiosas do panorama internacional e de relevantes Conservatorios Superiores de Música.

 

PROGRAMA

Pablo González, director
Elisabeth Leonskaja, piano

Ludwig van Beethoven (1770-1827)

Concerto para piano nº 4 en Sol maior, op. 58 (1805-1806)

Gustav Mahler (1860-1911)

Sinfonía nº5 en do sostenido menor, op. 55 (1902)

Entradas: 

ENTRADAS DISPOÑIBLES O MARTES 21 DE XUÑO ÁS 11.00 H

  • compostelacultura.gal
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. De martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Tel.: 981 542 462
  • Despacho de billetes do Auditorio de Galicia. O día do espectáculo desde 1 h antes do comezo do mesmo. Tel.: 981 571 026

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Domingo, 10 Xullo, 2022
20:30
Auditorio de Galicia