PÍSCORE
BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA DE SANTIAGO
EscenaGZ
Idades recomendadas: todos os públicos
Despois de cen funcións co seu primeiro espectáculo Concerto Singular (e Plural) - Premio do Público Festiclown 2018, Espectáculo mellor valorado en Domingos do Principal 2018 –, Culturactiva Producións e Píscore presentan a súa segunda montaxe: Concerto Con Fusión.
Catro músicos, descoñecidos, de estilos moi diferentes, chegan ao palco sen os seus instrumentos. O descubrimento dunha marimba e de todas as súas posibilidades fai que, o que podería ser un desastre, se converta nun divertido exercicio de virtuosismo, cooperación e fusión musical. Entre partituras, atrís e baquetas, os catro protagonistas van descubrindo, pouco a pouco, tema a tema, que teñen un pasado en común e unha incrible querenza por facer músicas (con)fusionando estilos. A música, o teatro, o humor, a comedia xestual e o clown farán as delicias dun público que participa activamente no espectáculo.
Casiano Mouriño Maquieira, director
Pepe Varela, Diego Rosal, Félix Rodríguez e Pablo Cabanelas, percusión