COMPOSTELA DES-PARELLADA

DATOS BÁSICOS

ITINERARIOS PATRIMONIO C

Compostela Cultura lanza unha nova edición dos Itinerarios Patrimonio C que, desta volta baixo o título ‘Compostela Des-parellada’, convidan a redescubrir a cidade desde unha perspectiva pouco habitual: a das relacións humanas que deixaron pegada no seu desenvolvemento histórico, social e simbólico. 

Entre os contidos que se abordarán, destacan relacións marcadas polo poder, como a de Xelmírez e a raíña dona Urraca, cuxa ambición compartida —e tamén confrontada— resultou determinante para o papel político e espiritual de Compostela. Os itinerarios tamén abrirán espazo para a recuperación da memoria e das historias silenciadas, a través de figuras como as irmás Fandiño ou a relación entre Díaz Baliño e Ánxel Casal, exemplos do papel da cultura e da resistencia en contextos adversos. A dimensión literaria e simbólica da cidade estará presente nos vínculos entre Rosalía de Castro e Federico García Lorca, ou entre Valle-Inclán e Otero Acevedo, que permiten achegarse a unha Compostela tamén construída desde o pensamento e a creación. E nos percorridos aínda hai tamén lugar para historias de pioneiras que abriron camiño para as mulleres na ciencia, como a das irmás Elisa e Jimena de la Vega, cuxo vínculo transcendeu o familiar para converterse en motor de transformación social.

Os paseos desenvolveranse entre os meses de abril a xuño, sempre os mércores ás 19.30 horas. 

  • Abril: 22
  • Maio: 5 e 20
  • Xuño: 3, 10 e 17

Reservas a partir do 17 de abril, ás 12.00 horas, neste FORMULARIO

O punto de saída de cada itinerario enviarase ás persoas participantes xunto no correo de confirmación da praza. 


PRAZAS ESGOTADAS!

Acceso: 

PRAZAS ESGOTADAS

 

Info práctica: 
Mércores, 22 Abril, 2026
19:30
Varios lugares
Mércores, 6 Maio, 2026
19:30
Varios lugares
Mércores, 20 Maio, 2026
19:30
Varios lugares
Mércores, 3 Xuño, 2026
19:30
Varios lugares
Mércores, 10 Xuño, 2026
19:30
Varios lugares
Mércores, 17 Xuño, 2026
19:30
Varios lugares