COMANDANTE ARIAN

Teatro Principal
DATOS BÁSICOS

Dentro da Semana de Cine Euroárabe AMAL, que se celebra no Teatro Principal do 22 ao 26 de outubro.

Alba Sotorra | 2018 | España, Alemaña, Siria | 77’

Nesta historia sobre a emancipación e a liberdade en plena fronte da guerra de Siria, a comandante Arian, de 30 anos de idade, guía cara a Kobane a un batallón de mulleres coa misión de liberar á poboación que vive baixo o xugo do Daésh (ISIS).

ALBA SOTORRA
Alba Sotorra é directora e produtora independente. O seu cinema céntrase en historias comprometidas cos conflitos políticos, sociais e humanos dos nosos días. Viviu en distintos lugares do mundo, pasando longos períodos en Oriente Medio, especialmente en Siria, Turquía, Irán e Qatar.

Duración: 
77
Entradas: 

entradas.abanca.com

981 910 544

Despacho de billetes do Teatro Principal. Aberto de martes a sábado (+ días de evento) de 18 a 21 h (A semana do festival abre ata as 22 h)

Funcións: 
Xoves, 25 Outubro, 2018
20:00
Teatro Principal