COLEXIATA DO SAR E BRINCADEIRA

DATOS BÁSICOS

AS RAÍCES NA PEDRA

AGRUPACIÓN COLEXIATA DO SAR. Coa agrupación nace tamén a Escola de Danza e Música Tradicional que ten como obxectivo formar adultos e nenos e nenas dentre 3 a 14 anos na danza tradicional, introducíndoos no mundo do folclore popular para garantir o futuro da Agrupación e desta maneira promover a conservación das nosas raíces e riqueza cultural.

BRINCADEIRA é unha das asociacións de danza máis coñecidas e antigas de Compostela. Formouse a finais dos anos 70 co obxectivo de conservar e difundir a música e o baile tradicionais galegos. Os primeiros membros de Brincadeira procedían de Coros y Danzas de la Sección Femenina de Santiago de Compostela que naceran en 1942 e desapareceron durante a Transición. Deles e delas herdamos instrumentos, traxes e o gusto polo noso baile e a nosa música; pero en Brincadeira démoslle outro enfoque ao feito folclórico: queremos conservar e difundir o sentir da cultura tradicional galega que se viña transmitindo de xeración en xeración.

Entradas: 

Previa retirada de convite o mesmo día no Teatro Principal desde as 17.30 h (máximo 2 por persoa)

Funcións: 
Sábado, 29 Decembro, 2018
19:00
Teatro Principal