COLAPSOLOXÍAS_TARTA RELENA

DATOS BÁSICOS

AVISO! Debido ás choivas que temos hoxe en Compostela, modificamos lugar e hora do concerto. Será no interior do Auditorio de Galicia, na Sala Mozart, e ás 20.30 h.

(As persoas que xa retirarades localidades, recibiredes un correo electrónico coas novas entradas)

CONCERTO

Tarta Relena nace o 2016 como un proxecto de dúas cantantes para explorar “a cappella” as sonoridades de diferentes estilos de músicas vocais. Lonxe de querer crear un selo daquilo tradicional e de definir a  mediterraneidade, Tarta Relena quere facer seu un repertorio que vai desde músicas de tradición oral ata cancións de autor que, dunha maneira ou outra, se relacionan coa área xeográfica do Mediterráneo. Tarta Relena canta desde a perspectiva de que aquilo que denominamos folclore é un repertorio vivo e en movemento. Así pois, esta realidade é moldeable e pódese reinterpretar cos instrumentos e sonoridades que temos agora ao alcance. Unha ferramenta clave é a electrónica con que  resignifican as melodías sen deixar de lado as súas orixes. O estudo e o coñecemento do percorrido e os contextos que arrouparon estas músicas abre as portas da experimentación cara a novos significados.

No traballo de Tarta  Relena hai tamén unha vontade de xogar a  desdebuxar o concepto de autoría, facendo convivir melodías anónimas tradicionais e cancións propias de nova creación baixo o mesmo paraugas, tratándoas do mesmo xeito e poñendo no centro a transmisión oral, elemento central da tradición. Un dos puntos fortes do proxecto é a complexidade na sinxeleza e a máxima expresión co mínimo de elementos. No traballo do repertorio conflúen os recursos de diferentes técnicas vocais (flamenco, lírico, tradicional, jazz...), que permiten unha vasta exploración das posibilidades da voz. En xaneiro de 2019 Tarta  Relena publicou o primeiro traballo discográfico titulado Ora Pro Nobis (The Indian Runners, 2019), Premio Enderrock da crítica ao mellor disco de folk do 2019, que consta de oito cancións “a cappella” cunha presenza sutil da electrónica. En abril de 2020, durante o confinamento, publican o segundo traballo, Intercede Pro Nobis (The Indian Runners, 2020), recoñecido por  Rockdelux como o mellor  EP nacional do 2020, que incide na importancia do diálogo entre a voz e a electrónica. En Fiat  Lux, Tarta  Relena encarna referentes femininos poderosos e transcendentes no tempo, por exemplo a Virxe María, Safo de  Lesbos ou a tribo de mulleres  pastún de  Afghanistan a través das súas historias. Explórase así a atemporalidade e a transcendencia destas voces e os seus discursos,  revisitándoas e cantándoas desde perspectiva do ano 2021. Fiat  Lux é o primeiro disco de longa duración e é unha exploración do concepto de ciclicidade a partir do recordo, a nostalxia e a evocación de sentimentos. Os poemas de amor que escribiu Safo de Lesbos ou as cancións tradicionais sefardís tratan a mesma problemática emocional á que nos enfrontamos como individuos do 2021. Estea na Grecia arcaica, na época medieval ou en plena pandemia mundial, o eu pasa polos mesmos procesos de xoia e dor, péchaos e comeza de novo, sen poder evitar o transcurso das cousas. Tarta  Relena son: Marta  Torrella, voz e electrónica; Helena Ros, voz e electrónica.

TARTA RELENA

+ INFORMACIÓN EN: COLAPSO COLECTIVO

Duración: 
60 MIN
Entradas: 
  • RETIRADA DE INVITACIÓNS EN LIÑA: LUNS DA SEMANA DO EVENTO_10.00 H
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. Aberto de martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Domingos de 11 a 14 h (Luns pechado). Teléfono 981 542 462
  • No caso de quedar entradas, repartiranse desde media hora antes do inicio do evento no lugar de celebración do mesmo.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Venres, 23 Xullo, 2021
20:30
Auditorio de Galicia

UBICACIÓN

Auditorio de Galicia