COLAPSOLOXÍAS_AETHEREAL ARTHROPOD

DATOS BÁSICOS

CONCERTO ACCESIBLE*

Æthereal  Arthropod é Nestor Peixoto Abale, un produtor musical nado en Galicia. O seu enfoque de composición baséase na superposición metódica da improvisación controlada, inspirada no método científico; descubrindo novas fórmulas de estrutura mediante a observación coidadosa de patróns e a súa fusión. Unha oda crúa aos paralelismos das estruturas mecánicas e biolóxicas, explorando onde poden cruzarse estes reinos. As disposicións exoesqueléticas abarcan movementos rítmicos  segmentados e apéndices articulados que se estenden en diversas anatomías  tonais e  texturais, mudando periodicamente nunha metamorfose perpetua. A constitución colonial ou de "enxame"  mimetízase en bombardeos de entoacións ornamentadas e dixitalizadas.

Mestura de atmosferas  ennegrecidas, ruído maléfico, bombos acelerados, composicións en capas (e impresionantes obras de arte cgi) dispostas para convocar a criaturas reptantes polas profundidades dun inferno dixital. Un "pesadelo  invertebrado", por dicilo coas propias palabras de Nestor Peixoto Abale: unha tola mestura de música caótica (pero evocadora) e momentos noxentos (pero moi enerxéticos), todo iso envolto nun sádico sentido do humor que se apoia nunha forte imaxinería de malvados  invertebrados axexando na súa infinita e imperecedoira perfección orgánica.

Æthereal  Arthropod: "rede espiral  ov æthernal data; cadeas de fibra de  alfa-chitina dentro dunha matriz de proteínas  sedosas e  globulares."

Æthereal  Arthropod

 

*ACCESIBILIDADE

Desde o espazo de residencia de COLAPSOLOXÍAS apóstase pola cultura como instrumento de transformación social, contribuíndo na promoción do dereito das persoas para participar en condicións de igualdade na vida cultural. Desde xeito, no marco desta residencia artística, facilitarase o acceso ao servizo de Mochilas Subpac e de interpretación de Lingua de Signos durante o concerto.

Previa inscrición no correo: info@extramundi.org

Colapso Colectivo intégrase como unha liña de acción colaborativa da Asociación Extramundi, rede profesional multidisciplinar encamiñada a xerar procesos de equidade social a través da construción de sociedades máis inclusivas e diversas (habitats máis humanos). Para esta ocasión contamos coa colaboración novamente dos nosos compañeiros da Asociación ACOPROS.

 

+ INFORMACIÓN EN: COLAPSO COLECTIVO

Duración: 
60 MIN
Entradas: 
  • RETIRADA DE INVITACIÓNS EN LIÑA: LUNS DA SEMANA DO EVENTO_10.00 H
  • Despacho de billetes da Zona C. Punto de Información Cultural. Aberto de martes a sábado, de 11 a 14 e de 16 a 19 h. Domingos de 11 a 14 h (Luns pechado). Teléfono 981 542 462
  • No caso de quedar entradas, repartiranse desde media hora antes do inicio do evento no lugar de celebración do mesmo.

PRÉGASE USO PREFERENTE DA WEB PARA A ADQUISICIÓN DE ENTRADAS

PROTOCOLO DE ACCESO A ESPECTÁCULOS PUBLICADO NA PORTADA

Funcións: 
Xoves, 22 Xullo, 2021
19:30
Auditorio de Galicia

UBICACIÓN

Auditorio de Galicia